Galicia rexistra un total de 3.484 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.484 deles 1.382 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 324 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 540 da de Santiago, e 131 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 3.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.556 persoas curadas, rexistrándose 640 falecementos. O último foi o dun home de 74 anos que estaba ingresado no CHUAC. Tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 331.803.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS3.484       139 usuarios
      51 profesionais
FALECEMENTOS640 135 en residencias
146 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.