Galicia rexistra un total de 22.349 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.349 deles 3.828 son da área da Coruña, 1.740 da de Lugo, 2.871 da de Ourense, 3.245 da de Pontevedra, 6.398 da área de Vigo, 3.196 da de Santiago e 1.071 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 22.078 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 195.243 persoas curadas, rexistrándose 2.743 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.224.905.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.729.390.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.