Galicia rexistra un total de 2.939 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939 deles 1.304 son da área da Coruña, 482 da de Lugo, 266 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 185 da área de Vigo, 404 da de Santiago, e 119 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 95 en unidades de hospitalización e 2.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.183 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 317.307.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.939 99 usuarios 40 profesionais FALECEMENTOS 635 135 en residencias 144 en hospitais e residencias integradas
Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores de Orpea (Culleredo - A Coruña).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.