Galicia rexistra un total de 2.685 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.685, deles 555 son da área da Coruña, 206 da de Lugo, 204 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 821 da área de Vigo, 437 da de Santiago e 91 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 108 en unidades de hospitalización e 2.546 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.656 persoas curadas, rexistrándose 2.410 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.201.657.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.712.094.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 572 AULAS PECHADAS 29 CENTROS PECHADOS 2
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.