Galicia rexistra un total de 2.490 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.490, deles 955 son da área da Coruña, 188 da de Lugo, 160 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 501 da área de Vigo, 276 da de Santiago e 195 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 2.241 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.141 persoas curadas, rexistrándose 2.321 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.805.442.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 394.186.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.490 49 usuarios 6 profesionais FALECEMENTOS 2.321 355 en residencias 434 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 481 AULAS PECHADAS 16 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.