Galicia rexistra un total de 2.307 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.307, deles 816 son da área da Coruña, 168 da de Lugo, 131 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 589 da área de Vigo, 255 da de Santiago e 130 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 2.100 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.233 persoas curadas, rexistrándose 2.336 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.846.384.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 462.095.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.307 11 usuarios 2 profesionais FALECEMENTOS 2.336 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.