A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.125, deles 4.414 son da área da Coruña, 1.449 da de Lugo, 2.413 da de Ourense, 1.485 da de Pontevedra, 3.153 da área de Vigo, 2.843 da de Santiago, e 1.368 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 137 están en UCI, 795 en unidades de hospitalización e 16.193 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 64.662 persoas curadas, rexistrándose 1.584 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.297.047.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 65.411.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 17.125 513 usuarios 259 profesionais FALECEMENTOS 1.584 274 en residencias 359 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 2.628 AULAS PECHADAS 114 CENTROS PECHADOS 6
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.