Galicia rexistra un total de 15.856 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.856 deles 2.372 son da área da Coruña, 1.028 da de Lugo, 2.582 da de Ourense, 2.481 da de Pontevedra, 5.211 da área de Vigo, 1.610 da de Santiago e 572 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 241 en unidades de hospitalización e 15.564 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 191.201 persoas curadas, rexistrándose 2.722 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.164.562.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.596.140.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.