Galicia rexistra un total de 15.546 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.546 deles 4.504 son da área da Coruña, 1.676 da de Lugo, 1.120 da de Ourense, 1.825 da de Pontevedra, 3.810 da área de Vigo, 1.614 da de Santiago e 997 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 15.229 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 150.236 persoas curadas, rexistrándose 2.504 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.642.811.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.720.760.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.