Galicia rexistra un total de 1.995 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns da área sanitaria de Lugo, de 93 e 77 anos, e que tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 294.691.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS1.995       68 usuarios
       16 profesionais
FALECEMENTOS628 133 en residencias
143 en hospitais e residencias integradas

Rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia do Incio.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.