Galicia rexistra un total de 1.975 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.975 deles 383 son da área da Coruña, 200 da de Lugo, 490 da de Ourense, 170 da de Pontevedra, 430 da área de Vigo, 182 da de Santiago e 120 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 1.916 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.785 persoas curadas, rexistrándose 2.661 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.944.916.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.624.337.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.