Galicia rexistra un total de 1.443 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.443 deles 340 son da área da Coruña, 268 da de Lugo, 201 da de Ourense, 101 da de Pontevedra, 287 da área de Vigo, 208 da de Santiago e 38 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 41 en unidades de hospitalización e 1.384 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.040 persoas curadas, rexistrándose 2.628 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.823.400.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.352.730.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.