Galicia rexistra un total de 1.717 casos activos por coronavirus

Zona reservada a pacientes con Covid no Hopital Público Álvaro Cunqueiro. ARQUIVO.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.717, deles 425 son da área da Coruña, 235 da de Lugo, 289 da de Ourense, 176 da de Pontevedra, 221 da área de Vigo, 233 da de Santiago e 128 da de Ferrol.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.717, deles 425 son da área da Coruña, 235 da de Lugo, 289 da de Ourense, 176 da de Pontevedra, 221 da área de Vigo, 233 da de Santiago e 128 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 162 en unidades de hospitalización e 1.544 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 667.625 persoas curadas, rexistrándose 3.871 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 13 de agosto:

Muller de 69 anos, na área sanitaria de Vigo.

Muller de 84 anos, na área sanitaria de Vigo.

As pesoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.967.751.

 

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.720.065.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.