Galicia rexistra un total de 15.023 casos activos por coronavirus

El presidente de la Xunta compareció ante los medios para valorar la reunión telemática celebrada con el presidente del Gobierno central y otros presidentes autonómicos.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.023, deles 3.072 son da área da Coruña, 2.070 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.588 da de Pontevedra, 2.714 da área de Vigo, 2.356 da de Santiago e 1.192 da de Ferrol

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.023, deles 3.072 son da área da Coruña, 2.070 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.588 da de Pontevedra, 2.714 da área de Vigo, 2.356 da de Santiago e 1.192 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 708 en unidades de hospitalización e 14.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 583.117 persoas curadas, rexistrándose 3.407 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 10 de maio:

Home de 67 anos, na área sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 73 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 80 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Home de 71 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 94 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

 

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.876.997.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.651.098.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.