Galicia rexistra un total de 12.974 casos activos por coronavirus

Nieves Cabo Vidal recibe a segunda dose da vacina contra a covid-19 que comeza a dispensarse na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela. 17 de xaneiro de 2021
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.974, deles 2.678 son da área da Coruña, 1.639 da de Lugo, 1.729 da de Ourense, 1.448 da de Pontevedra, 2.319 da área de Vigo, 2.093 da de Santiago e 1.055 da de Ferrol.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.974, deles 2.678 son da área da Coruña, 1.639 da de Lugo, 1.729 da de Ourense, 1.448 da de Pontevedra, 2.319 da área de Vigo, 2.093 da de Santiago e 1.055 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 668 en unidades de hospitalización e 12.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 588.803 persoas curadas, rexistrándose 3.432 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 13 de maio:

Home de 81 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

 

Día 14 de maio:

Home de 86 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 79 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

 

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.883.048.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.652.885.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.