Galicia registra un total de 1.367 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.367 deles 317 son da área da Coruña, 134 da de Lugo, 322 da de Ourense, 114 da de Pontevedra, 263 da área de Vigo, 123 da de Santiago e 94 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 46 en unidades de hospitalización e 1.311 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.633 persoas curadas, rexistrándose 2.658 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.934.401.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.598.012.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.