Galicia hai un total de 5.573 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.486, deles 820 son da área da Coruña, 241 da de Lugo, 707 da de Ourense, 214 da de Pontevedra, 848 da área de Vigo, 498 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 permanecen en UCI, 334 están en unidades de hospitalización e 3.105 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.573 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 96.095

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS3.486    762 (usuarios)
    315 (profesionais)
FALECEMENTOS547    128 (en residencias)
    121 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

USO DO 061

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web 

Etiquetas