Do total de pacientes positivos da Covid, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.196 deles 1.831 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 1.131 da de Ourense, 1.194 da de Pontevedra, 2.475 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.118 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.376 persoas curadas, rexistrándose 969 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 730.777.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 10.196 456 (usuarios) 283 (profesionais) FALECEMENTOS 969 180 (en residencias) 239 (en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 1.272 AULAS PECHADAS 68 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.