Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 514 no domicilio

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 554 deles 152 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 95 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 110 da área de Vigo, 61 da de Santiago e 8 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.365 persoas curadas, rexistrándose 2.640 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.855.867.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.401.919.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.