Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 255 en unidades de hospitalización e 17.433 no domicilio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.742 deles 4.526 son da área da Coruña, 2.114 da de Lugo, 1.401 da de Ourense, 2.331 da de Pontevedra, 4.317 da área de Vigo, 1.999 da de Santiago e 1.054 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 255 en unidades de hospitalización e 17.433 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 143.955 persoas curadas, rexistrándose 2.489 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.610.873.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.628.613.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.