Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 5.266 no domicilio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.618, deles 899 son da área da Coruña, 433 da de Lugo, 458 da de Ourense, 865 da de Pontevedra, 1.308 da área de Vigo, 1.100 da de Santiago, e 555 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 5.266 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.993 persoas curadas, rexistrándose 1.327 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.016.839.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.618 182 usuarios 159 profesionais FALECEMENTOS 1.327 235 en residencias 327 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 889 AULAS PECHADAS 63 CENTROS PECHADOS 4
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.