Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 585 en unidades de hospitalización e 45.404 no domicilio

ARCHIVO.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 46.036 deles 9.875 son da área da Coruña, 4.820 da de Lugo, 4.623 da de Ourense, 4.934 da de Pontevedra, 10.885 da área de Vigo, 8.347 da de Santiago e 2.215 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 585 en unidades de hospitalización e 45.404 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 420.600 persoas curadas, rexistrándose 3.027 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 10 de febreiro:
Muller de 84 anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 96 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 90 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Día 11 de febreiro:
Home de 76 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 76 anos, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.631.290.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.479.569.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.