A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.754 deles 2.986 son da área da Coruña, 1.761 da de Lugo, 2.361 da de Ourense, 2.873 da de Pontevedra, 3.915 da área de Vigo, 2.100 da de Santiago e 758 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 205 en unidades de hospitalización e 16.527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 130.615 persoas curadas, rexistrándose 2.448 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.513.901.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.399.577.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.