Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.039 no domicilio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.096 deles 244 son da área da Coruña, 206 da de Lugo, 179 da de Ourense, 80 da de Pontevedra, 231 da área de Vigo, 130 da de Santiago e 26 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.512 persoas curadas, rexistrándose 2.636 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.833.165.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.369.203.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.