Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 7.129 no domicilio
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.208 deles 1.191 son da área da Coruña, 631 da de Lugo, 1.429 da de Ourense, 1.285 da de Pontevedra, 1.591 da área de Vigo, 817 da de Santiago e 264 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 7.129 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.228 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.438.737.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.196.112.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.