Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 28 en unidades de hospitalización e 582 no domicilio

 A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 620 deles 160 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 112 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 117 da área de Vigo, 68 da de Santiago e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 28 en unidades de hospitalización e 582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.243 persoas curadas, rexistrándose 2.640 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.852.399.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.398.200.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.