Sesión constitutiva da corporación da Deputación de Ourense

O candidato do PP foi elixido por maioría simple na segunda votación.
Péchase así un proceso animado por Alfonso Rueda e secundado por alcaldes da provincia para executar un cambio de ciclo na Deputación.
O alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, converteuse no novo presidente da Deputación de Ourense.
Sucede no cargo a José Manuel Baltar e comeza unha nova etapa na institución provincial, poñendo fin a tres décadas de baltarismo.
Durante o pleno celebrado este luns, o propio Menor, polo PP, presentouse como candidato á presidencia da Deputación; Álvaro Vila, polo PSOE; e Armando Ojea, por Democracia Ourensana.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asiste á sesión constitutiva da corporación provincial de Ourense na que Luis Menor Roi elixido presidente da Deputación de Ourense, «Grazas, moitísimas grazas, grazas de corazón a todos cantos confiaron na miña persoa para que hoxe recollera este bastón de mando, un bastón de mando que máis que simbolizar unha presidencia, representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia. Todo un reto que asumo coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxectoria profesional e de servizo público»