Rof Codina un científico entusiasmado pola sociedad rural galega

presentouse o libro “Juan Rof Codina. Unha referencia na agricultura e a gandaría galegas do século XX”, coeditado co Consello da Cultura Galega. SUSO RIVAS.
A publicación conta con limiares de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; do presidente da RAGC; e do académico Antonio Rigueiro; e inclúe artigos do experto Diego Conde sobre Rof Codina como referente na mellora agropecuaria galega; José Luis Factor, académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, sobre a evolución da profesión veterinaria; Alberto Portela, vicepresidente da Asociación Española de Historia da Veterinaria, sobre a evolución dos estudos de veterinaria en Galicia; e Laura Arias, secretaria executiva de Acruga, sobre a aportación de Rof Codina ao recoñecemento da raza rubia galega. SUSO RIVAS.
SUSO RIVAS.
Colocouse unha placa conmemorativa no Parque das Ciencias, coa colaboración do Concello de Santiago. SUSO RIVAS.
SUSO RIVAS.
SUSO RIVAS.
SUSO RIVAS.
SUSO RIVAS. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou hoxe no Pazo de Fonseca en Santiago o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou a Juan Rof Codina (El Prat de Llobregat, Barcelona, 1874 – Lugo, 1967), impulsor da veterinaria en Galicia e España, como ‘Científico Galego do ano 2022’. No evento interviron o presidente da Academia, Juan Lema; e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. Asistiron ademais a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; Lara Méndez, alcaldesa do Concello de Lugo (cidade onde Rof Codina desenvolveu a súa carreira); Gabriel Soriano, concelleiro de El Prat de Llobregat (vila natal do homenaxeado); o presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, Antonio Crespo; a vicedecana da facultade de Veterinaria da USC, Maribel Quiroga; e dous netos do homenaxeado, José María e Juan Sancho Rof; así como académicas e académicos da RAGC e representantes de diversas institucións políticas, educativas, culturais e de investigación galegas.
SUSO RIVAS.

A RAGC homenaxea no Día da Ciencia en Galicia ao impulsor da veterinaria Juan Rof Codina, “un científico excepcional que conseguiu mellorar radicalmente a sanidade e a produtividade do sector gandeiro”.

Juan Lema, presidente da Academia: “É un magnífico exemplo de coñecemento científico aplicado ao servizo da sociedade”.

O historiador Lourenzo Fernández Prieto salientou que “o que máis asombra de Rof Codina, de orixe catalá, é “o inmediato entusiasmo que sentiu pola sociedade rural galega, a súa agricultura e a súa gandaría”.

Durante a mañá celebráronse outros actos para honrar a figura de Rof Codina. Colocouse unha placa conmemorativa no Parque das Ciencias, coa colaboración do Concello de Santiago. E presentouse o libro Juan Rof Codina. Unha referencia na agricultura e a gandaría galegas do século XX”, coeditado co Consello da Cultura Galega. A publicación conta con limiares de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; do presidente da RAGC; e do académico Antonio Rigueiro; e inclúe artigos do experto Diego Conde sobre Rof Codina como referente na mellora agropecuaria galega; José Luis Factor, académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, sobre a evolución da profesión veterinaria; Alberto Portela, vicepresidente da Asociación Española de Historia da Veterinaria, sobre a evolución dos estudos de veterinaria en Galicia; e Laura Arias, secretaria executiva de Acruga, sobre a aportación de Rof Codina ao recoñecemento da raza rubia galega.

O Día da Ciencia en Galicia é unha efeméride promovida pola RAGC que pretende a  promoción social da ciencia, salientando a vida e actividades daquelas personalidades que destacaron pola súa achega ao desenvolvemento científico na nosa comunidade.