Romper o silencio: Voces que reclaman a igualdade nos medios

Ana Isabel Rodr´giuez, decana da Facultad de Comunicación da USC, subliñou que “como profesionais da comunicación temos unha responsabilidade engadida coa forma en que narramos estas traxedias e as analizamos nos medios, o que ten un impacto directo en como a sociedade as percibe, as comprende e, sobre todo, en como responde a elas”. ROBERTO LEDO.
Segundo ela, “os medios non só son un espello da realidade; tamén a moldean e poden ser ferramentas poderosas para erradicar prexuízos, xerar conciencia e promover o cambio social, loitando contra a perpetuación dos estereotipos ou o acoubillo do silenzo cómplice”. ROBERTO LEDO.
Rodríguez repasou os cambios producidos no xornalismo ao longo do século XX por mor dos movementos feministas, que esixiron “un tratamento máis crítico da violencia contra as mulleres, visibilizándoa como un problema estrutural, e non como incidentes illados”. ROBERTO LEDO.
Os relatores e organizadores do evento. ROBERTO LEDO.
A presidenta da APG, María Méndez -que agradeceu o compromiso da Consellería e da Facultade de Comunicación da USC para o desenvolvemento deste Congreso. ROBERTO LEDO.
Sinalou que o leiv motiv desta cita “é saber se os asasinatos de mulleres a mans de homes están tratados de forma correcta e proporcionada á súa gravedade nos medios de comunicación, nun ano no que, lonxe de diminuír o número de vítimas, a súa cifra parece manterse no tempo, con máis de corenta mulleres mortas no que vai de ano”. ROBERTO LEDO.
Méndez lembrou que falamos dunha “lacra social, con maiúsculas e sen ambaxes, e por iso, a violencia machista ten que ser comunicada con rigor, non ser xustificada, e debe ser denunciada”. ROBERTO LEDO.
“Nun mundo onde a información flúe constantemente gracias aos avances tecnolóxicos”, engadiu, “os medios de comunicación desempeñan un papel crucial na loita contra as agresións físicas e psicolóxicas ás mulleres, e a forma de cubrir este dramático acontecer pode influír significativamente na percepción pública e, por ende, na resposta social a este problema”. ROBERTO LEDO.
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana Pérez. ROBERTO LEDO.
A directora xeral de Promoción da Igualdade recoñeceu que, “nunha época moi complicada a nivel informativo (fake news, bulos, milleiros de contidos que circulan polas redes e por internet en xeral), o reto que temos por diante non é nada sinxelo”. ROBERTO LEDO.
“Espazos coma este Congreso”, afirmou, “sérvennos para pensar, para reflexionar e para intentar sacar conclusións de como o xornalismo é importante que alce a voz con información veraz, responsable e feminista”. ROBERTO LEDO.
Quintiana insistiu no de “feminista”, porque “o feminismo o que busca é que teñamos sociedades máis democráticas, máis solidarias e máis xustas e igualitarias”. E nese sentido, segundo ela, o xornalismo, o xornalismo responsable, pode e debe ter un papel determinante”. ROBERTO LEDO.
Coral Herrera Gómez, conferenciante no VI Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero. ROBERTO LEDO.
A conferencia de apertura de Coral Herrera foi 'Outras formas de comunicación son posibles: como erradicar a violencia contra as mulleres nos medios e nas redes". ROBERTO LEDO.
Herrera tamén cré que “podemos transformar as nosas formas de comunicarnos, de trasmitir información e coñecemento, e de ofrecer entretemento”. ROBERTO LEDO.
A conferenciante falou de mitos, de estereotipos e de como mellorar a nosa sociedade a través da comunicación: “Trátase de tomar conciencia sobre como transmitimos e perpetuamos o machismo, e de como mudar os valores e principios do patriarcado para comunicar desde os valores da igualdade e os dereitos humanos”. ROBERTO LEDO.
O público realizou preguntas aos relatores. ROBERTO LEDO.
Outro persoa preguntou a Coral. ROBERTO LEDO.
O público interrogou a doutora en Humanidades e Comunicación Audiovisual, escritora, docente e investigadora sobre emocións e relación amorosas Coral Herrera Gómez. ROBERTO LEDO.
ROBERTO LEDO.
Coral Herrera asegurou que esa transformación mediante a que, segundo ela, “é posible cambiar o mundo”, debe producirse “desde a ética do amor e a filosofía dos coidados”. ROBERTO LEDO.
No Congreso tamén participaron como ponentes as xornalistas Raquel Tejero, delegada en Galicia do xornal “El Debate”, e Alba Chao, responsable da edición dixital de “Faro de Vigo”. ROBERTO LEDO.
Panel-coloquio: 'Comunicar a violencia de xénero, elimina nesgos ou os cronifica?'. ROBERTO LEDO.
Alba Chao, responsable da edición dixital de “Faro de Vigo” puxo o foco na importancia da palabra á hora de comunicar sobre a violencia de xénero, “tanto nas palabras que empregamos, como a quen lle damos a palabra e a quen lle damos voz”. ROBERTO LEDO.
Raquel Tejero, delegada en Galicia do xornal “El Debate”. ROBERTO LEDO.
Tejero asegurou que “encher de titulares en canto a violencia de xénero é quitar o foco do que creo que é realmente o importante: os sistemas de protección non están a funcionar”. ROBERTO LEDO.
ROBERTO LEDO.
ROBERTO LEDO.
A creadoras de contido nas redes sociais, Sindy Takanashi, autora do pódcast Queridas hermanas. ROBERTO LEDO.
As creadoras de contido nas redes sociais Sindy Takanashi, autora do pódcast Queridas hermanas, e María Rubio (Miare), youtuber. ROBERTO LEDO.
María Rubio (Miare), youtuber) deu conta do caso de acoso do que foi vítima nas redes sociais por parte da súa ex parella, un famoso you tuber, e cales foron as consecuencias psicolóxicas. ROBERTO LEDO.
Panel coloquio: 'Favorecen as redes sociais e as novas canles o acoso e a violencia de xénero?'. ROBERTO LEDO.
María Almodovar, directiva de la APG. ROBERTO LEDO.
Roberto Barba, director xeral da Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia. ROBERTO LEDO.
Roberto Barba, director xeral da Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia. ROBERTO LEDO.
Coloquio 'Xestión da violencia desde a Administración autonómica'. ROBERTO LEDO.
Coloquio 'Xestión da violencia desde a Administración autonómica'. entre María Almodovar y Roberto Barba. ROBERTO LEDO.
ROBERTO LEDO.
Coloquio 'Xestión da violencia desde a Administración autonómica'. entre María Almodovar y Roberto Barba. ROBERTO LEDO.
Lalo Pavón pregunta ao director xeral da Loita contra a Violencia Machista, Roberto Barba. ROBERTO LEDO.
María Méndez pregunta ao director xeral da Loita contra a Violencia Machista, Roberto Barba. ROBERTO LEDO.
Panel entrevista: 'Mellorar a cobertura informativa da violencia de xénero'.ROBERTO LEDO.
Iván Pino, socio e director senior de reputación Corporativa, Liderado e Sostibilidade de Llorente y Cuenca (LLYC). Coautor de Desenfocadas, informe sobre o tratamento informativo da violencia de Xénero. ROBERTO LEDO.
Iván Pino lembrou parte das súas conclusións: “os medios de comunicación conciencian, sensibilizan e preveñen sobre violencia de xénero o dobre que as redes sociais, que son máis sensacionalistas”. ROBERTO LEDO.
Sonia Esperanza Rodríguez, delegada do reitor da Universidade de Santiago de Compostela para a Igualdade, á que acompañou a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez. ROBERTO LEDO.
Sonia Esperanza Rodríguez, delegada do reitor da Universidade de Santiago de Compostela para a Igualdade clausurou o evento. ROBERTO LEDO.
Nunha época na que a información flúe á velocidade da luz, os medios teñen un poder inmenso para moldear a nosa percepción da realidade. Están representando de forma xusta e equitativa a violencia de xénero? Esta foi unha das cuestións centrais abordadas no VI Congreso de Medios e Igualdade de Xénero, celebrado en Santiago de Compostela.