Imaxes do Pleno do Día das Letras Galegas 2023

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, preside a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega. Centro de usos múltiples Ponte de Cuñas (A Lourenzá),
Foto de familia dos membros do pleno da Academia.
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, fala co presidente da RAG, Victor Freixanes.
Rueda con Margarita Ledo.
O público ateigou o auditorio.
Académicas e académicos de número momentos antes de comezar o acto.
O público encheu o auditorio de Ponte Cuñas.
Francisco Díaz-Fierros Viqueira falou sobre a paisaxe na obra de Del Riego.
A Real Academia Galega celebrou este mediodía o pleno extraordinario co gallo do Día das Letras Galegas en Lourenzá, localidade natal do seu protagonista, Francisco Fernández del Riego (1913-2010), impulsor desta celebración que xusto hoxe fai 60 anos. Figura central da cultura galega do século XX, don Paco foi luz nas tebras do franquismo, alegría de vivir e pensamento útil, persoa na que coincidiron ideario e acción e incomparable obreiro da cultura galega.