Con choiva ou sen choiva os salvaterrenses fieis ó Verán Cultural con Codesal e Núñez

A concelleira de Cultura, Lorena Soto, entrega un obsequio a artista, Verónica Codesal. JUAN CARLOS PÉREZ.
Verónica Codesal. JUAN CARLOS PÉREZ.
Codesal presentou ou seu disco '100 voltas'. JUAN CARLOS PÉREZ.
Verónica Codesal que estivo a piques de gañar eurovisión hai uns anos. JUAN CARLOS PÉREZ.
O público tivo resilencia para seguir baixo o paraugas o concerto. JUAN CARLOS PÉREZ.
O vigués Carlos Núñez, recentemente Medalla de Galicia. JUAN CARLOS PÉREZ.
O público desta xira de lugares máxicos. JUAN CARLOS PÉREZ.
Vista da praza do Castelo. JUAN CARLOS PÉREZ.
Núñez é un namorado e activista da música celta. JUAN CARLOS PÉREZ.
Carlos Núñez quere implicar a más público no gusto pola música celta. JUAN CARLOS PÉREZ.
Núñez recibe un obsequio da Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, acompañada da concelleira de Cultura, Lorena Soto. JUAN CARLOS PÉREZ.
A belga-galega Verónica Codesal presentou o seu disco '100 voltas', música tradicional entrelazada coa súa achega doutras músicas e textos propios na pasada por auga noite do venres. Pola súa banda, na noite do sábado, con tempo seco e calor, o gaiteiro Carlos Núñez, un namorado e activista da música celta, quixo tocar na praza do Castelo co pano de fondo da casa do Conde ou Casa do viño. Un lugar máxico como correspondía á súa xira por emprazamentos similares. Núñez adapta o seu repertorio ao lugar e conta coa colaboración de gran variedade de músicos.