viernes. 19.04.2024

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, cun comunicado vén de cancelar a Festa dos Espumos DO Rías Baixas que estaba programa para o vindeiro 4 e 5 de decembro. "Ante a inminente e recente subida de contaxios da COVID-19 que está afectando a todo o País, a nosa Comunidade e por ende ao noso Concello, non podemos mirar cara outro lado e por iso o Grupo de Goberno  do Concello de Salvaterra de Miño ven reunirse para tomar unha determinación tan contundente coma precisa. Cancelar a nosa tradicional Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas", di nun comunicado.

"Ainda que con moita mágoa -prosigue Valcárcel- xa que sabemos que se trata dunha celebración que forma parte do noso ADN, non queda outra que actuar de inmediato e de xeito coherente, xa que levamos feito un longo traballo que vai xa cara os dous anos e onde se perderon numerosas vidas por mor desta Pandemia".

Valcárcel cancela a Festa do Viño Espumoso DO Rías Baixas en Salvaterra