Museo de Ponteareas.

Ponteareas visitable

A mocidade dos colexios de Ponteareas continúa a coñecer a súa vila da man da Biblioteca Municipal. Durante este mes o alumnado do CEIP Nosa Señora dos Remedios empapouse da historia da vila do Tea nun percorrido polos seus lugares e monumentos máis significativos: a Casa do Concello, a súa igrexa, o edificio Troncoso na rúa de Oriente, a Praza Maior, a costa San Gregorio, o Camiño Real e a Ponte de San Roque. 

Tamén fixeron unha parada no Museo Municipal, onde observaron entre outras moitas cousas, as pezas arqueolóxicas procedentes do Castro de Troña, a arte rupestre, varias pías bautismais e o primeiro coche de bombeiros que tivo o Concello de Ponteareas.

Esta iniciativa parte das concellarías de Turismo e Cultura, que dirixen Eva Gil e Fernando Groba respectivamente, coa intención de que “os pequenos e pequenas desfruten e aprendan da nosa historia e do noso patrimonio”. Ambos concelleiros lembran que a Biblioteca de Ponteareas organiza diversas visitas: ao Castro de Troña, ao Cemiterio Municipal, a Igrexa románica de Ángoares, un percorrido pola historia de Ponteareas, visitas ao Museo Municipal… E que os centros escolares e colectivos interesados tan só teñen que poñerse en contacto a través do correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou chamar ao teléfono 986 660 765 para solicitar aquela visita que máis lles interese.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada