sábado. 20.04.2024

O Rosal remata a súa programación outonal como a comezou, con teatro. Os Quinquilláns presentan este domingo a súa obra “A pluma viva de Rosalía” no Auditorio Municipal. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a un espectáculo de balde para que “coñezamos de primeira man un episodio agochado da vida e obra de Rosalía de Castro ”.

‘A pluma viva de Rosalía’ é unha montaxe teatral para todos os públicos a partir de 9 anos, e está baseada nun feito real de censura a un texto da autora de Follas novas.

'A pluma viva de Rosalía' é unha montaxe teatral para todos os públicos a partir de 9 anos, e está baseada nun feito real de censura a un texto da autora de Follas novas. Arranca coa visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire pola publicación de catro satíricos e retranqueiros textos seus. Ao chegar descubre que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación destes artigos.

Así relata a situación un xornal da época: “Según escriben en Lugo, días pasados hubo una especie de tumulto que armaron los seminaristas. Parece que teniendo noticia que en el Almanaque de Galicia que está imprimiendo el señor Soto Freire, aparecía un artículo titulado El Codio, debido a la pluma de la señora doña Rosalía Castro de Murguía, avisaron al editor del susodicho almanaque para que eliminara el artículo, pues de otra manera le romperían los cristales de su casa”.

'A pluma viva de Rosalía'