A Confraria do Viño do Condado do Tea e Espumosos reúnese en capítulo para nomear novos confrades

A 7ª Festa do Viño Espumoso en Salvaterra de Miño volve a se celebrar o próximos 4 e 5 de decembro en dúas xornadas para degustar e desfrutar dos espumosos DO Rías Baixas. O domingo 5 vai ter lugar, na carpa, o nomeamento de novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, ás 11.30 horas.

Antes, o sábado, haberá o tradicional ‘degüelle a sable’ como espectáculo de apertura de botellas de espumosos. Pola tarde, ás 18.30 horas, Luís e Alejandro Paadín, embaixadores do Champagne de España e formadores homologados de Cava desenvolverán un coloquio sobre espumosos.

Este ano incorpórase ao grupo de adegas que amosan o seu produto a adega Paco e Lola como todas as demais da DO Rías Baixas.

O domingo, ás 12.00, na carpa, presentacion e brinde con harmonía e maridaxe dos viños espumosos para o público en xeral coa participación de Luís Paadín.

Ademáis, ambos días haberá actuacións musicais.

Programa.
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1