sábado. 20.04.2024

A Xunta adxudicou un total de 26.547,84 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.271 euros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado este mesmo ano.

En total, adxudicáronse 22 parcelas en 7 parques empresariais de titularidade do IGVS en Touro, Bóveda, Quiroga, Taboada, Xermade, O Barco de Valdeorras e Verín. Ademais, os empresarios beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

PROVINCIA DA CORUÑA(3 parcelas / 2.122 m2)
ParqueParcelasM2PrezoBonificación
Touro32.12271.499 €26.397,39 €
PROVINCIA DE LUGO(15 parcelas / 14.874 m2)
Quiroga. Fase D53.75076.875 €76.875,50  €
Xermade. Fase II12.34925.120 €22.447,25 €
Bóveda. Fase II21.50216.268 €16.263,96 €
Taboada. Fase I77.272,5256.993 €239.757 €
PROVINCIA DE OURENSE(4 parcelas / 9.552,34 m2)
O Barco de Valdeorras. 2-3ª fase36.250175.447 €174.553 €
Pazos (Verín). Fase I13.302,34108.977,22 €108.977,22 €

MOBILIZAR O SOLO

A bonificación de compra de solo é unha das medidas que o Goberno galego manterá no vindeiro exercicio, co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa facilitan emprego en Galicia.

Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.
 

A Xunta adxudica máis de 26.500 m2 de solo industrial cunha bonificación global de...