jueves. 28.03.2024

A música encherá este venres o Teatro Municipal de Tui co concerto 'O soño dos golfiños' da man de Golfiños. O grupo está formado por Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.

Dirixido a público familiar a partir dos 3 anos este espectáculo musical fará unha viaxe por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. No mesmo haberá tempo para cantar, para bailar, para sorrir, e soñar.

“O Soño dos Golfiños” é o segundo traballo de Golfiño. Co primeiro 'Té, chocolate, café', co que foron finalistas nos premios Martín Códax da Música. A través da súa música Golfiños formou parte de proxectos como Galitoon ou Baobab no eido teatral e tamén teñen presenza en espazos televisivos.

'O soño dos golfiños'