Miguel Corgos López-Prado.

Miguel Corgos López-Prado, novo conselleiro de Facenda e Administración Pública

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asinou, no día de hoxe, o decreto polo que nomea como novo conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.

Ata o momento e desde 2009, Corgos ocupa o cargo de director xeral de Orzamentos -desde decembro de 2012 director xeral de Planificación e Orzamentos- do mesmo departamento. O novo conselleiro tomará posesión do seu cargo o próximo luns, 18 de outubro, tras a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade de “Económicas. Economía financeira” pola Universidade da Coruña (UDC). Ademais, é máster en Administración Financeira e Tributaria (UDC) e posgrao en Auditoría de Contas (UDC-REA). Do mesmo xeito, realizou o curso da escala superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o Diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública). A súa experiencia profesional é a seguinte:

  • Funcionario en prácticas de escala superior de finanzas na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2000).
  • Xefe de servizo relacións co Consello de Contas na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2002).
  • Xefe de servizo de control financeiro en entes públicos na Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2003).
  • Subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2005).
  • Subdirector xeral de Control Orzamentario na Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda (2007).
  • Director xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda (2009).
  • Director xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda desde decembro de 2012.
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada