viernes. 26.04.2024

Despois de cinco días de cine para todos os públicos o VI Festival de Cine Inclusivo chega ao seu fin. Nesta nova edición o festival trouxo como novidade unha sesión de curtas arredor da discapacidade, outra para o público familiar e unha terceira sobre igualdade. Estas tres novidades gozaron de moi boa acollida por parte do público que encheu as salas.

Hoxe, sábado, tivo lugar a gala de clausura e entraga dos premios no Auditorio do Concello á que asistiron Gonzalo Suárez, director do festival; Carlos Font, deputado de Economía da Deputación de Pontevedra e Uxía Blanco, concelleira de Igualdade. As obras premiadas foron o filme francés ‘Especiales’ de Olivier Nakache e Éric Toledano, na categoría de longas de ficción. Nas longas documentais comparten premio a galega ‘Devolvendo o golpe’ de Carlos Prado Pampín e ‘El niño de Fuego’ de Igancio Acconcia. No apartado das curtametraxes documentais o premio foi para ‘Traslasierra’ de  Raquel Kurpershoek; aínda que o xurado quixo facer mención especial aos traballos ‘57 días’ e ‘Rosebund’. No apartado de curtas de ficción a estadounidense ‘Feeling through’ de Doug Roland, que estivera nominada aos Óscar, comparte premio con ‘The letter room’ de Elvira Lind. Nesta categoría recibe unha mención especial a curta de animación ‘Roberto’. Por último, no concurso online de webseries os internatutas decidiron que ‘Arrieros somos’ de Rubén Riós leve o primeiro premio cun total de 6.261 votos.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes Administracións e entidades privadas.

Listado de premios

-WEBSERIE. Rubén Riós. ‘Arrieros Somos’

-CURTA DE FICCIÓN. Ex aequo: ‘Feeling through’ e ‘The letter room’. Mención especial: ‘Roberto’

-CURTA DOCUMENTAL. ‘Traslasierra’. Mención especial: ‘57 días’ e ‘Rosebud’.

-LONGAMETRAXE DOCUMENTAL. Ex aequo: ‘Devolvendo o golpe’ e ‘El niño de fuego’.

-LONGAMETRAXE DE FICCIÓN: ‘Especiales’.

*Faltan os premios do público que se enviaran xunto as fotos da gala.

FILMES PREMIADOS:

-  Devolvendo ou golpe (2021) de Carlos Prado Pampín. Galicia. 68  min.

Cando Aarón tiña dez anos, un coche atropelouno mentres esperaba o autobús escolar. Estivo a piques de morrer e, o parte médico máis optimista, pasaba pola amputación de ambas as pernas. Pero con axuda da súa nai, Rosa, unha muller forte e que nunca se rende, Aarón tentará non só saír adiante e volver camiñar,  sinó cumprir ou o seu soño de ser campión de España de boxeo.

- El niño de fuego (2020) de Ignacio  Acconcia. España. 85  min.

Aleixo Paz, coñecido como “El niño de fuego”, é o sobrevivente dun tráxico accidente que esnaquizou a súa vida e a da súa familia. A piques de cumprir 18 anos, sen  traballo nin estudos, vive encerrado na escuridade da súa habitación. Consumido pola dor e a rabia, a súa única esperanza é escribir cancións para un público imaxinario. Grazas á inspiración dun amigo e o apoio incondicional da súa nai, reunirá a forza para subirse a un escenario e deixar atrás o medo para vivir. Que hai despois de vencer á morte cando non esperas nada da vida?

- Especiales (2019) de  Olivier  Nakache e Éric Toledano. Francia.  VOSE. 114  min.

Bruno e  Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.

-  Traslasierra (2020) de Raquel  Kurpershoek. 17  min

Documental tinguido de forma  autobiográfica sobre a relación das persoas xordas con música. A primeira vista, a música e o mundo dos xordos parecen ser dous mundos totalmente diferentes. Pero  Traslasierra lanza unha luz realmente inesperada sobre este asunto. A música é universal. As emocións humanas son universais. A música e as emocións xuntas crean milagres. Estes grandes temas universais preséntanse nun documental íntimo e moi persoal situado nun pobo remoto do sur de España.

-  Feeling  through (2019) de  Doug Roland. 18  min

Primeira película protagonizada por un actor cego e xordo.  Tereek, un adolescente que vaga polas rúas de Nova York en busca dun sitio onde durmir, atópase a  Artie , un home cego e xordo que necesita axuda para chegar á para do autobús. Deste incómodo encontrón xorde unha forte conexión entre eles que cambiará para sempre a  Tereek. Nomeada aos Premios Óscar.

-  The  letter  room  (2020) de Elvira  Lind. 32  min

Cando un funcionario de prisións é transferido á sala de correo, pronto se ve involucrado na vida privada dun prisioneiro.

-  Arrieros somos de Rubén Riós

O coñecido produtor e actor Rubén Riós percorre varios lugares de toda Galicia, como xa fixo en  Camiñantes, penetrándose máis nas relacións e no amor das persoas cara aos seus e cara ao noso.

‘Devolvendo o golpe’, ‘El niño de fuego’ e ‘Especiales’ álzanse cos premios do VI...