jueves. 28.03.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 930 deles 209 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 150 da de Ourense, 69 da de Pontevedra, 198 da área de Vigo, 112 da de Santiago e 23 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 882 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.738 persoas curadas, rexistrándose 2.638 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.838.294.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.377.920.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 930 casos activos por coronavirus