jueves. 28.03.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, retoma o 2 de outubro en Corrubedo o seu plan de fomento da conservación e sostibilidade das actividades socioeconómicas desenvolvidas en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia dentro da Rede Natura 2000. O Plan de Conservación Territorial On (PLANCTON) conta xa con máis de 6 toneladas de residuos retiradas, tanto de areis como de fondos mariños galegos, desde o seu inicio no mes de marzo. O 9 de outubro procederase á limpeza de fondos e defensa, coa colaboración de mariscadoras locais, en Cambados, mentres que o día 16 do mesmo mes, os voluntarios de ABANCA e Afundación se desprazarán á Lanzada para proceder á recollida de residuos nas súas praias.

PLANCTON fomenta, a través de actividades multidisciplinares, a posta en práctica de diferentes medidas relacionadas coa conservación das especies, a minimización de capturas accidentais de aves durante o exercicio da pesca e a implementación de prácticas sostibles nas actividades socioeconómicas relacionadas co sector do mar nas Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño (ZEPA). Ademais, PLANCTON está tamén presente nas propostas didácticas que a área educativa de Afundación desenvolva a través da súa Aula STEAM (itinerante nos centros escolares, para evitar os desprazamentos dos escolares).

O proxecto, enmarcado dentro da estratexia de sostibilidade de ABANCA e das actividades de voluntariado medioambiental da súa Obra Social, preséntase como un grande eixe vertebrador de toda unha serie de axentes entre os que figuran entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores e mariscadores, os grupos de Acción Local Pesqueira (GALP), ANMUPESCA, cooperativas de armadores e representantes do sector transformador, diferentes institucións do terceiro sector como Bata, Con Eles ou o Grupo Naturalista Hábitat, ademais do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas ou la Real Federación Galega de Vela, entre outras. Todos participan no proxecto conxuntamente con ABANCA Mar e Sostibilidade ABANCA e distintas áreas de Afundación, como IESIDE, o centro interactivo de educación medioambiental, Naturnova ou os espazos +60.

PLANCTON é unha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e é complementaria ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.

O Plan de Conservación Territorial On (PLANCTON) retoma a súa actividade cunha xornada...