martes. 23.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.926 deles 505 son da área da Coruña, 356 da de Lugo, 223 da de Ourense, 139 da de Pontevedra, 372 da área de Vigo, 272 da de Santiago e 59 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 63 en unidades de hospitalización e 1.839 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 177.315 persoas curadas, rexistrándose 2.621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.812.565.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.331.002.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 1.926 casos activos por coronavirus