viernes. 19.04.2024

A Real Filharmonía de Galicia presenta mañá xoves a súa nova temporada de concertos 2021-2022, que se realizarán en colaboración co Xacobeo 2021-2022. Será ás 12.15 horas no Auditorio de Galicia. Ao acto asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel (vía vídeo); a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Durante o acto presentaranse os concertos que a orquestra ofrecerá na súa sede, o Auditorio de Galicia. Darase conta das principais obras que se interpretarán. Abordaranse as estreas, así como os directores e solistas que colaborarán coa RFG ao longo da temporada. Tamén se informará sobre os concertos didácticos e familiares que se celebrarán; a participación da orquestra en diferentes iniciativas; xunto ás actuacións que está previsto realizar noutras cidades galegas e noutros puntos da propia cidade.

RFG presenta temporada