Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 18.583 no domicilio

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.885 deles 3.763 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 2.097 da de Ourense, 3.031 da de Pontevedra, 4.475 da área de Vigo, 2.357 da de Santiago e 950 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 18.583 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 134.418 persoas curadas, rexistrándose 2.457 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.552.538.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.501.618.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada