jueves. 28.03.2024

Como de sobresainte podemos calificar a actuación das nosas e nosos atletas no Campionato de España Sub18 acontecido esta fin de semana nas pistas do Estadio Emilio Martín de Huelva.  A edición deste ano, que prácticamente pecha a tempada de verán dos grandes campionatos de pista, remataba cun fantástico balance de oito medallas, dous récords de Galicia e un total de vinte postos de finalistas para as  nosas atletas.

As novas máis salientables virían do sector femenino onde se acadaron casi que a totalidade das medallas. Nesta categoría a subcampioa de España de pista cuberta do Ría Ferrol  Xiana Lago, unha das claras favoritas no peso, lograba o título nacional ao lograr un mellor lanzamento de 14.52 m. quedando ás portas dos metais no concurso de disco no que sería cuarta clasificada.

David Vicente García.



A subcampioa de España Indoor e plusmarquista galega, Lucía Sanchez del Valle da Atlética Lucense, novamente daba mostras do seu talento impoñéndose en todo un campionato nacional e logrando a medalla de ouro que lle faltaba ao seu palmarés. De igual modo, lograba sobre a proba dos valos un novo récord galego con 14.17.

Os concursos de martelo e triplo salto deparaban os grandes momentos do campionato xa que nada menos que as dúas primeiras posicións dos mesmos corresponderían ás galegas. En concreto no círculo de lanzamentos, unha sensacional Blanca Pereira do Ourense Atletismo enviaba o artefacto  ata os 57,82 m.  polos 56,15 m. de Marta Neira do AVA que lles outorgaban os primeiros posto no caixón de medallas.

Pola súa banda o triplo, e como era previsible, mantivo unha dura loita entre Diaou Diallo do Ría Ferrol e a campioa galega absoluta Alba Cuns do Playas de Castellón con triunfo novamente , e como xa fixera no galego Sub20, para a ferrolá con 12,74 m. polos 12,58 da saltadora de Negreira.

Lucía Sánchez del Valle.



O resto das medallas virían da man da campioa de España de Pista Cuberta Ainhoa Reparaz quen lograba o bronce sobre os 100 m. con 12.20 e nos 110 valos, na que un formidable David Vicente do Playas de Castellón lograba o mesmo metal e conseguindo da súa vez, un novo récord galego Sub18 cun rexistro de 13,83.

Destacados foron tamén os cuartos postos dos atletas do Real Club Celta, Martín Barcia nos 200 m. e Pedro Vázquez nos 3.000 m. quenes a piques estiveron de lograr postos de medalla.

Oito metais para o atletismo galego no Campionato de España Sub18