martes. 23.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.992 deles 2.809 son da área da Coruña, 1.617 da de Lugo, 2.332 da de Ourense, 2.785 da de Pontevedra, 3.734 da área de Vigo, 1.990 da de Santiago e 725 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 183 en unidades de hospitalización e 15.786 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 130.008 persoas curadas, rexistrándose 2.447 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.505.157.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.361.483.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 15.992 casos activos por coronavirus