viernes. 19.04.2024

Na programación inicialmente prevista realizáronse algúns cambios anticipándose o horario do concerto de  A Gramola Gominola que será ás 22 h e o espectáculo musical itinerante de BrassDass no Corredoira dende ás 21 h. En cumprimento da normativa que entrou en vigor esta medianoite, con Tui en nivel medio, o espectáculo de O Pulpiño Viascón en Tui será estático e non itinerante. Por outra parte cancelouse a actuación de Comédias do Minho e o concerto de Pedaçao Mau en Valença, por problemas de saúde de dous integrantes destas agrupacións.

O programa deste sábado queda do seguinte xeito.

Hoxe sábado dende as 15.30 h o Pulpiño Viascón e o Sr. Lili coa súa “Musicleta” cargada cos seus máxicos instrumentos actuarán na Fortaleza de Valença, e a partir das 18.30 h chegarán ao Paseo da Corredoira de Tui co seu espectáculo musical.

O grupo BrassDass ofrecerá un espectáculo de música e humor itinerante dende ás 17.30 h na Fortaleza de Valença e dende as 21.00 h no tudense Paseo da Corredoira.

Por outra parte están esgotadas as entradas para o espectáculo “Circanelo” que Fredi&Cia representarán na Praza do Concello hoxe sábado dende ás 16.30 h. 

O concerto de A Gramola Gominola ás 22 h no Paseo Fluvial de Tui co seu espectáculo “Bravas. O Rexudir da Luz” no que as súas protagonsitas, superheroínas, tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes loitando contra o abuso escolar, defendendo a lingua, protexendo a natureza e visibilizando as emocións.

Lembramos que para todos os espectáculos é preciso reserva previa de entrada até 30 minutos antes do inicio ou até esgotar as prazas dispoñibles en www.tui.gal e www.visitvalenca.com

Onte na primeira xornada do festival houbo que realizar algúns cambios nas actuacións debido ás condicións meteorolóxicas. A choiva obrigou a suspender a función de “Sonámbulo” a primeira hora da tarde, e se trasladou até o auditorio da ESCE o espectáculo “My Shoes” de Arsenio Baruffi, mentres que Fredi&Cia si poido realizar “Circanelo” tal e coma estaba previsto no Jardim das Amoreiras en Valença. O grupo Farra Fanfarra encheu de música e bo humor as rúas da Fortaleza valenciana,  e o centro urbano de Tui. Mentres Antón Coucheiro representeou no pavillón do IES San Paio “Sonámbulo”, onde tamén actuou Arsenio Baruffi con “My Shoes”. O concerto de Mamá Cabrá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui onde o público gozou coas canción de “A fraga do meu avó” pero tamén con outros clásico do grupo coma “Glu, Glu, Glu”.

O festival conta con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación sanitaria, cumprindo os protocolos vixentes en cada país, con control de accesos, aforos limitados, desinfección con xel hidroalcohólico na entrada, uso obrigatorio de máscara, distancia de seguridade entre espectadores, …

PROGRAMACIÓN

SÁBADO, 24 DE XULLO

  • Ás 15.30 h en Valença O Pulpiño Viascón con “Musicleta”. Aforo limitado
  • Ás 16.30 h na Praza do Concello Fredi&Cia con “Circanelo”. Aforo 60 persoas
  • Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante BrassDass
  • Ás 18.30 h no Paseo da Corredoira en Tui O Pulpiño Viascón con “Musicleta”. Aforo limitado
  • Ás 21.00 h no Paseo da Corredoira espectáculo itinerante BrassDass
  • Ás 22.00 h no Paseo Fluvial A Gramola Gominola con “Bravas. O Rexurdir da Luz”. Aforo 240 persoas

A Gramola Gominola, O Pulpiño Viascón, Fredi&Cia e BrassDass actúan no FIAR