jueves. 25.04.2024

Nova cita musical esta fin de semana en Ponteareas. Este domingo 25 de xullo o programa Cultura24 levará ao terreiro de Fozara o son de Naiama, unha asociación cultural dedicada a fomentar a cultura galega recuperando pezas da música tradicional.  A actuación será ás 12.30 horas, de balde e cumprindo con todas as medidas de prevención necesarias ante a actual situación sanitaria.

A través deste programa a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, procura levar a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila. O Cultura24 continuará coa súa oferta de actuacións en diferentes puntos do concello ata o vindeiro mes de outubro.

Son de Naiama, pezas da música tradicional