miércoles. 24.04.2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello, da resolución de axudas para a mellora da competitividade dos parques empresariais e para a construción de viveiros industriais. Serán, dixo, preto de 5,5 M€ que se repartirán entre medio cento de concellos.

Máis polo miúdo, explicou que deles arredor de 4 M€ se destinarán a modernizar infraestruturas de 52 parques empresariais localizados en 51 municipios e ,os 1,3 M€ restantes, se centrarán na creación de 6 viveiros industriais.

DESEÑO

En relación á competitividade e ao impulso empresarial, o presidente da Xunta tamén deu conta de tres grandes actuacións por valor de 2,4 M€ coas que se afianzará a aposta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social.

Por unha banda, destacou como primeira medida a sinatura dun convenio coa Fundación Didac para implementar o novo Programa de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade, que promoverá grupos multidisciplinares de creación, o desenvolvemento de novos produtos, servizos e modelos e accións para recoñecer a visibilidade e difusión de empresas e profesionais.

Como segunda medida, salientou a convocatoria dunha nova liña de axudas denominada Deseña Peme por importe de 1,5 M€ coa que se poderá apoiar a 50 proxectos con axudas que oscilarán entre os 5.000 e os 100.000 €.

E, por último, abundou, convocarase a segunda edición dos Premios Galicia Innovación e Deseño. Haberá seis categorías, catro delas con premios de 15.000 euros cada unha, así como outros dous galardóns de carácter honorífico.

Viveiros de empresas, en medio cento de concellos