viernes. 29.03.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.269 deles 464 son da área da Coruña, 164 da de Lugo, 139 da de Ourense, 116 da de Pontevedra, 191 da área de Vigo, 105 da de Santiago e 90 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 1.220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.018 persoas curadas, rexistrándose 2.434 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.337.457.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.499.663.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS284
AULAS PECHADAS8
CENTROS PECHADOS0

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Galicia rexistra un total de 1.269 casos activos por coronavirus